martes, 3 de marzo de 2009

Testamento dun gaiteiro

Meu abóo e meu pai gaiteiriños
E meus irmáns tamén,
alentando a Galiza nun fol,
ó vento que vai e non ven...
Aledamos as festas do Apóstol
No regazo de Rosalía,
Cantaba os paxariños
O meu chorar de alegría
Alí bauticei a muiñeira
a que lle puxen de Chantada; Diante o altar de Rosalía
E carballos de Santa Susana.
Muiñeiriña, ti vas pra Chantada
E enfeitizas a pomba branquiña;
Cando te toco na gaita
engaiolas a ialma miña.
E sinto e inteira Galiza
no meu corazón cautiva.
Cando saibas que morrín,
gaitiña miña gaitiña,
desperta a miña alborada
que toco pra Rosalia...
que dorme no teu punteiro
cos meus dedos tapadiña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario