viernes, 18 de septiembre de 2009

Gran exito de actuación no "Verán Cultural de Barbadás"

Pois iso amigos, que día 1 de agosto tivemos unha actuación no "parque dos patos" na Valenzá. Cabe destacar o gran éxito de afluencia dos nosos seguidores. Todo comezou como unha pequena actuación de un par de horas, e pra variar acabamos as tres ou catro da maña, se está visto que onde hai unha boa festa, alí están os Vapores das Burgas.....( mais adiante poreivos as fotos da actuación, agora non podo por problemas técnicos).

Os "Vapores" volven a sair no periódico....




Pois como podedes ver, gracias a unha magnifica reporteira da Voz de Galica, Marta F., saimos outra vez no periódico, nunha estupenda reportaxe.
Aqui tedes as fotos, se queredes leer o artigo, xa que non ten desperdicio, entrade en: http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2009/08/24/0003_7925687.htm


lunes, 17 de agosto de 2009

Alborada no "Venrespirar".











Antes de nada pedir disculpas os moitos seguidores do blog,jeje, por telo un pouco abandoado estes dous ultimos meses.




Estas fotos pertencen a unha actuación que fixemos na entrada da Ponte Romana de Ourense, nas xornadas organizadas pola asociación cultural Algaravía y Gomes Mouro, chamadas " Venrespirar".
Na foto do grupo aparecemos: Santos, Álex,Antón, Rosa, Alfonso, Iñaki e Aser.
No resto das fotos alguns dos nosos fieis segidores: Leo, Begoña, Sonia, Marta, Pablo, Miriam, Patricia, Alba, Patricia e Alejandra.




martes, 9 de junio de 2009

Mais fotos¡¡¡
















Bueno aqui deixamos algunhas fotos dun pasacorredoiras que fixemos nas festas de Cortegada.

Actuación na galescola de Toén. 15/05/09




O venres 15 de maio pola maña, Catono, Xabier e eu (Álex) fumos tocar unhas peciñas os nenos da galescola de Toén, daba gusto tocar pra un público tan agradecido. Aqui deixamos algunha foto.

jueves, 28 de mayo de 2009

Gran actuación nos carnavais de Mugares¡¡







O dia 24 de febreiro actuamos en Mugares nas festas do carnaval, primerio fixemos unha paparota.Dimos un pasaruas por mugares e os seus alrededores, unha horiña e algo baixo o sol, disfrazados de bikingos, debemos de perder un kilo mais o menos. Por ultimo acabamos tocando nas aforas do local social de veciños, mortos de calor.

martes, 3 de marzo de 2009

"Pernas prarriba"

Pernas prarriba
pernas prabaixo
pernas prarriba
as miñas debaixo
A muller do gaiteiriño
muller de moita fortuna, ai la
ai la la la la la la ai la
ai la la la la la la ai la
ela toca dúas gaitiñas
e outras non tocan ningunha, ai la
ai la la la la la la ai la
ai la la la la la la ai la
pernas prarriba....

Testamento dun gaiteiro

Meu abóo e meu pai gaiteiriños
E meus irmáns tamén,
alentando a Galiza nun fol,
ó vento que vai e non ven...
Aledamos as festas do Apóstol
No regazo de Rosalía,
Cantaba os paxariños
O meu chorar de alegría
Alí bauticei a muiñeira
a que lle puxen de Chantada; Diante o altar de Rosalía
E carballos de Santa Susana.
Muiñeiriña, ti vas pra Chantada
E enfeitizas a pomba branquiña;
Cando te toco na gaita
engaiolas a ialma miña.
E sinto e inteira Galiza
no meu corazón cautiva.
Cando saibas que morrín,
gaitiña miña gaitiña,
desperta a miña alborada
que toco pra Rosalia...
que dorme no teu punteiro
cos meus dedos tapadiña.

lunes, 2 de marzo de 2009

A nosa presentación.


Bueno antes de nada antes de nada imos facer unha pequena presentación.
Os "Vapores das Burgas" é un grupo folk galego, que ten aproximadamente uns 20 ou 25 anos dende que se fundou, por el levapasado moitos musicos, e moi bos, que seguramente algun dos meus compañeiros recordara nalgunha das suas entradas.
Agora mesmo o grupo está formado por Iñaki, Rosa, Catono, Santos, Aser, Antonio, Javier, Alfonso e mais eu (Álex). Eu son o que menos tempo leva no grupo, creo que mais ou menos dous anos, pero a verdade é que non me arrepinto nadiña, xa que estou encantado de formar parte del, e tamen de coñecer a unha xente tan boa.
Isto do blog é unha especie de experimento, asi que esperemos que todo saia ben.
Ista é a continuación da presentación dun membro do grupo, o mestre gaiteiro Antonio:
Pois xa era hora!....digo eu. Como quedou demostrado na presentazón, a idade do grupo e turbia e borrosa como a dos seus compoñentes mais veteranos, si sumasemos as idades de todo-los que pasaron polo grupo, tuteraríamonos con algún fill@ bastardo do Pedro Madruga...je je. Como nota istórico-informativa,direi-vos que o xérmolo do grupo foi a Agrupación Folklórica Fiadeiro, antigua e rancia Sección Feminina, (pero iso é outra istória). Alí un grupo de mozos moi aficionados ao discorir Alcólico-festivo da vida, en contra dos poderes establecidos decidiu dar un golpe de mán, e como por arte birle birloque fixeronse autónomos, cos inconveñintes que iso supon na vida da farándula. Foron tempos moi ledos no meu recordo, os ensaios eran unha puta festa (cada dia no seu baretto), e non soio por os logros conqueridos musicalmente falando, senon po-lo bo rollo que gastabamos entre nos, e que o parescer seguimos gastando. Molaríame un montón que iste proxecto fose como a traxectória do grupo, "atemporal" coma a esencia de todos nos.