martes, 3 de marzo de 2009

"Pernas prarriba"

Pernas prarriba
pernas prabaixo
pernas prarriba
as miñas debaixo
A muller do gaiteiriño
muller de moita fortuna, ai la
ai la la la la la la ai la
ai la la la la la la ai la
ela toca dúas gaitiñas
e outras non tocan ningunha, ai la
ai la la la la la la ai la
ai la la la la la la ai la
pernas prarriba....

Testamento dun gaiteiro

Meu abóo e meu pai gaiteiriños
E meus irmáns tamén,
alentando a Galiza nun fol,
ó vento que vai e non ven...
Aledamos as festas do Apóstol
No regazo de Rosalía,
Cantaba os paxariños
O meu chorar de alegría
Alí bauticei a muiñeira
a que lle puxen de Chantada; Diante o altar de Rosalía
E carballos de Santa Susana.
Muiñeiriña, ti vas pra Chantada
E enfeitizas a pomba branquiña;
Cando te toco na gaita
engaiolas a ialma miña.
E sinto e inteira Galiza
no meu corazón cautiva.
Cando saibas que morrín,
gaitiña miña gaitiña,
desperta a miña alborada
que toco pra Rosalia...
que dorme no teu punteiro
cos meus dedos tapadiña.

lunes, 2 de marzo de 2009

A nosa presentación.


Bueno antes de nada antes de nada imos facer unha pequena presentación.
Os "Vapores das Burgas" é un grupo folk galego, que ten aproximadamente uns 20 ou 25 anos dende que se fundou, por el levapasado moitos musicos, e moi bos, que seguramente algun dos meus compañeiros recordara nalgunha das suas entradas.
Agora mesmo o grupo está formado por Iñaki, Rosa, Catono, Santos, Aser, Antonio, Javier, Alfonso e mais eu (Álex). Eu son o que menos tempo leva no grupo, creo que mais ou menos dous anos, pero a verdade é que non me arrepinto nadiña, xa que estou encantado de formar parte del, e tamen de coñecer a unha xente tan boa.
Isto do blog é unha especie de experimento, asi que esperemos que todo saia ben.
Ista é a continuación da presentación dun membro do grupo, o mestre gaiteiro Antonio:
Pois xa era hora!....digo eu. Como quedou demostrado na presentazón, a idade do grupo e turbia e borrosa como a dos seus compoñentes mais veteranos, si sumasemos as idades de todo-los que pasaron polo grupo, tuteraríamonos con algún fill@ bastardo do Pedro Madruga...je je. Como nota istórico-informativa,direi-vos que o xérmolo do grupo foi a Agrupación Folklórica Fiadeiro, antigua e rancia Sección Feminina, (pero iso é outra istória). Alí un grupo de mozos moi aficionados ao discorir Alcólico-festivo da vida, en contra dos poderes establecidos decidiu dar un golpe de mán, e como por arte birle birloque fixeronse autónomos, cos inconveñintes que iso supon na vida da farándula. Foron tempos moi ledos no meu recordo, os ensaios eran unha puta festa (cada dia no seu baretto), e non soio por os logros conqueridos musicalmente falando, senon po-lo bo rollo que gastabamos entre nos, e que o parescer seguimos gastando. Molaríame un montón que iste proxecto fose como a traxectória do grupo, "atemporal" coma a esencia de todos nos.